frente as Administracións

ORDEANZA DAS TERRAZAS

Ahituvi foi o interlocutor ante o Concello durante todo o proceso da ordeanza das terrazas levada a cabo pola concellería de Promoción Económica. Dende o primeiro momento preoupámonos polo desenvolvemento desta norma e fixemos un seguimento de cada paso que se daba ao respecto. Ahituvi mantivo infinidade de reunións cos hosteleiros aos que se lle foi explicando en cada momento as intencións do Concello, para despois manter reunións cos responsables municipais para trasladarles as inquedanzas manifestadas polo sector.

Foi grazas a ese traballo e a esa mediación que se conseguiu que o Concello botara atrás diversos aspectos desta ordeanza que resultaban extraordinariamente gravosos para os nosos negocios, ao tempo que tamén se conseguiron varias prórrogas necesarias para a nosa adaptación á mesma antes da súa posta en vigor.

NORMATIVA DOS FURANCHOS

Ahituvi foi unha das asociacións máis activas da provincia na loita contra a competencia ilegal que supoñen os furanchos. Os responsables da asociación mantiveron ao longo do ano numerosas reunións coas institucións responsables de regular esta actividade así como con outros colectivos empresariais, ata lograr que por fin se redactara e se puxera en práctica unha normativa autonómica que fixara límites á actividade deste tipo de locais.

OUTRAS XESTIÓNS

Ao longo deste ano a asociación de hosteleiros tamén participou en diversa reunións con representantes das administracións local, provincial e autonómica nas que se abordan e analizan proxectos fundamentais para o desen- volvemento turístico de Vilagarcía, como poden ser as relacionadas coa rexeneración do entorno da praia de Compostela, o proxecto do futuro tren de alta velocidade ou a sinalización tanto exterior como interior do noso municipio.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s