Ás 9 na praia

Del 6 al 12 de agosto … en la playa Compostela

PROXECTO e obxectivos

A idea do chill-out “Ás 9 na praia” xurdiu en 2009 e foi posta en marcha pola Asociación de Hostaleiros de Vilagarcía (Ahituvi) coa colaboración da concellería de Turismo do Concello.


A iniciativa tiña un triple obxectivo:

  1. Por unha parte dinamizar un entorno privilexiado e pouco aproveitado de Vilagarcía, como é a praia da Concha, aproveitando unha maravilla natural como é o solpor que dende alí se contempla escoitando música tranquila e disfrutando dun cóctel.
  2. Propiciar unha alternativa de ocio orixinal en Vilagarcía para unhas horas pouco frecuentes, como é dende as nove da tarde ata a medianoite.
  3. Situar a Vilagarcía como un referente de interés tamén na primeira semana de agosto, xusto antes de que empecen as festas.

DESENVOLVEMENTO

A carón do piñeiral da praia da Concha habilítanse dúas haimas nas que se ubican as barras e o dj. Arredor delas distribúense un cento de hamacas, pufs e esterillas, para que a xente poida acomodarse. Todo elo decorado e iluminado con velas o que propicia un ambiente acolledor e confortable.

A ambientación musical é unha parte importante do evento. Nestes tres anos teñen pasado polo chill-out pinchadiscos de renome como Agua dj (responsable do programa de música chill-out de M80), Antonio Caneda (organizador do Festival do Norte), dj Curtis, Ipop dj ou o equipo do programa Estudio 3 da Radio Galega.
A preparación e organización do evento corre por conta de Ahituvi que se fai cargo da montaxe das carpas, a montaxe e retirada diaria da decoración e do mobiliario do chill-out, a instalación do equipo de son, a instalación e xestión das barras (nas que se sirven cócteles -capirinha, mojitos e daikiris-, cerveza e auga), a seguridade e a contratación dos dj’s.

VALORACIÓN

As tres edicións de “Ás 9 na praia” celebradas gozaron dunha moi notable afluenza de público. Con todo o máis importante non é a cantidade de xente senón a moi positiva valoración que os asistentes fixeron da iniciativa, valoración que pode ser corroborada nas redes sociais ou nos múltiples foros e blogs que falan do tema en Internet.

Os asistentes destacaron sobre todo a orixinalidade da proposta, o bo ambiente e o feito de que en Vilagarcía nunca se fixera nada semellante.
Tamén foi moi valorado o feito de que se trata dun espazo ao que pode acudir todo tipo de público, dende nenos (para eles hai cócteles sen alcol) ata mozos e persoas mayores.

REPERCUSIÓN

O feito de tratarse dunha iniciativa única en Galicia suscitou dende o primeiro momento un considerable interés nos medios de comunicación. O chill-out “Ás 9 na praia” de Vilagarcía foi obxecto de reportaxes nos principais xornais galegos (La Voz, Faro de Vigo, El Correo Galego…), radios e televisións (TVG, V-Televisión, España Directo…), conseguindo deste xeito outro dos obxectivos da iniciativa como é proxectar a imaxe de Vilagarcía en toda Galicia asociándoa a eventos orixinais e de calidade.

Anuncios

Acerca de ahituvi

especialista en comunicacion
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s