2011

Actividades e eventos de carácter público dirixidas ao conxunto da cidadanía:

III FEIRA DAS TAPAS (26, 27 e 28 de agosto)

Celebrouse os días 26, 27 e 28 de agosto no parque Miguel Hernández. A Feira contou coa participación de 16 establecemientos hosteleiros de Vilagarcía ao que hai que engadir a caseta que se lle cedeu gratuitamente a unha entidade deportiva.

A terceira edición da Feira das Tapas converteuse non dos eventos mellor valorados polo público de cantos se celebran no verán en Vilgarcía, chegando a congregar a máis de 20.000 personas durante os tres días nos que se levou a cabo, e acadando unha importantísima repercusión mediática.

ÁS 9 NA PRAIA (do 2 ao 11 de agosto)

A Asociación de Hostelei- ros organizou unha nova edición, do chill-out ‘Ás 9 na praia’ que se celebrou na praia da Concha do 2 ao 11 de agosto e que congregou a miles de persoas ademais de acadar unha moi importante repercusión mediática a nivel de toda Galicia, pola orixinalidade da proposta e pola entidade dalgúns dos dj’s que participaron. A asociación fíxose cargo da coordinación do evento, da contratación das instalacións necesarias e do persoal así como da xestión das barras.

FESTA DE SAN XOÁN (23 de xuño)

Na noite de San Xoán Ahituvi participou na organización da gran festa que tivo lugar na praia de Vilagarcía e que con- gregou a miles de persoas. Desde as dez da noite repartíronse 200 kilos de sardiñas asadas, viño e cerveza de xeito gratuito para o público que alí acudiu.

SÁBADO INGLÉS

Co obxectivo de prolongar unha semana máis as celebracións do Entroido en Vilagarcía, Ahituvi colaborou activamente na organización e entregou varios premios nunha nova edición do “Sábado inglés”, unha orixinal festa e concurso de disfraces que cada ano conta con máis adeptos tanto da cidade como dos arredores..

NOITE DAS MEIGAS (27 de agosto)

Como xa é tradicional Ahituvi participou un ano máis na organización da “Noite Meiga”, a celebración que pon o punto final ás festas de Vila- garcía e que conseguiu atraer a miles de personas aos poboados habilitados en diferentes puntos da cidade.

FESTIVAL VARIETÉS (21, 22, 28 e 29 de xullo)

En colaboración cos hostaleiros da rúa Méndez Núñez, AHITUVI organizou unha serie de catro concertos de jazz, swing e bossa-nova, que se celebraron en dous pases co obxectivo de animar a rúa nas datas previas ao inicio das vacacións.

COLABORACIÓN CON OUTROS EVENTOS

Ao longo do ano Ahituvi ten colaborado con moitísimas asociacións e colectivos de Vilagarcía na organización de eventos de carácter turístico e gastronómico. Ademais dos xa sinalados, Ahituvi tamén estivo presente a través do seu apoio en eventos como o Arousa Fútbol 7, o Festival do Norte, a Vilagarcía Basket Cup ou o Outono Micolóxico.

V ENCONTRO MOSTRA ASOCIATIVA XUVENIL – I FORO EMPRENDE
28,29 e 30 de outubro

Ahituvo foi unha das entidades que colaborou coa Xunta de Galicia na organización da quinta edición do EMAX,que reuniu en Vilagarcía a máis dun millar de mozos de Galicia e Portugal. Ahituvi xestionou a localización de aloxamento e manutención para todos os participantes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s